Suso Vaamonde
Página inicial > S > Suso Vaamonde > Compañeiro Daniel

Compañeiro Daniel

Suso Vaamonde


Compañeiro daniel de vida innumerable
Como os astros do ceo i os camiños do mar
Na tenebrosa noite da patria inhabitable
Témoste no recordo con mao á luz alba.

A ti falo daniel morto lonxe da terra
Es noso i a túa luz alumea a escuridá
Que nos deixou a historia de tres anos de guerra
En que os lobos mataron a luz e libertá.

Compañeiro daniel, as pistolas sonaban
I enloitaron cunetas con sangue loitador
As pistolas sonaban i os panbidos berraban
A terrible victoria do odio e do terror.

E ti fúcheste lonxe predicar no deserto
Pra erguerdes un exército que endexamais loitou
E morriches un día sin veres entreaberto
O camiño da volta que a túa alma soñou.

Pro na patria abatida e do pobo explotado
Nacimos nós os fillos da morte e do tristén
Percurando furiosos vinganza e novo estado
I unha roxa alborada sin cabo nin comén.

I a ti bo compañeiro que o furacán aleibe
Matou desesperado na outra banda do mar
Prometémosche a terra dunha galicia ceibe
Pra enterra- los teus ósos onde teñen que estar.

Encontrou algum erro na letra? Por favor, envie uma correção >

Compartilhe
esta música

Ouça estações relacionadas a Suso Vaamonde no Vagalume.FM

Mais tocadas de Suso Vaamonde

ESTAÇÕES