Berrogüetto

Fusco

Berrogüetto


Non sei por que, non sei como
non sei onde, nen sei cando
pero entre fusco e lusco
estareite aquí agardando

Dime por que, dime como
dime onde, dime cando
sabes que entre fusco e lusco
estareite aquí esperando

Como un paxaro sen aire
atravesando camiños
vives no teu mundo alleo
e foxes do teu destino

Se che canto, non me escoitas
se te chamo, non respondes
Non me colles, nin me deixas
non me deixas, nin me colles

Quítasme o sono na noite
e por moito que che diga
acabas sempre levándome
os soños que prometías

Non me podes ver de preto
nin de lonxe tan sequera
Pasas diante dos meus ollos
como se eu non estivera

Non sei por que, non sei como
non sei onde nin sei cando
pero entre fusco e lusco
estareite aquí agardando

Dime por que, dime como
dime onde, dime cando
sabes que entre fusco e lusco
estareite aquí esperando

Letra enviada por Caroline Milanelli

Encontrou algum erro na letra? Por favor, envie uma correção >

Compartilhe
esta música

Ouça estações relacionadas a Berrogüetto no Vagalume.FM
ESTAÇÕES