7 Lvvas
Página inicial > 0-9 > 7 Lvvas > Cheo de Desazón

Cheo de Desazón

7 Lvvas


el inda estaba na cama
era cedo pola mañá
lembraba o seu sabor a mel
o seu xesto atemporal;
os amigos decian que a sua vida xuntos
non teria un final feliz
e sen cartos nen traballo
arreciou a choiva de avril;
á beira da estrada sen mais cousas que
as que a vida lle prestou
facendo dedo, ali estaba el
feito polvo baixo o sol
sen direción
cheo de desazón
ela tiña outro mozo cando el a atopou
era un amigo seu
a primeira vista unha frecha no ar
i ela namorou-se tambén;
unha noite, un coche, a lua
era preto do peirao
a situación foi de mal en peor
decidiron rematar;
ela mirou-no unha vez mais
baixo o ténue foco de lus
dixo-lle polo baixo
"veremo-nos nalgunha
outra ocasión"
chea de desazón
estudaba na universidade
mediciña por carreira
abraiaban-lle as mentiras
e arrenegou das céncias;
fixo-se un home de letras
estudou filoloxia
toleou con William Faulkner
e morreu con Rosalia;
o seu saber valeu de ren
para afrontar a sua soedá
coñeceu a moitas mozas
e a ningunha puido amar
e viviu so
cheo de desazón

Encontrou algum erro na letra? Por favor, envie uma correção >

Compartilhe
esta música

Ouça estações relacionadas a 7 Lvvas no Vagalume.FM

Mais tocadas de 7 Lvvas

ESTAÇÕES